Xerador de preguntas XML para Moodle (Galego, Castelán e Catalán)
O Xerador de preguntas XML para Moodle é unha ferramenta que, debido á automatización e/ou eliminación dalgunhas características das preguntas Moodle, permite a creación de tests de xeito máis rápido.
Esta aplicación xera un arquivo .xml importable no banco de preguntas de Moodle.
Proceso:
- Crea as preguntas que desexes.
- Pulsa no botón “Crear” para xerar o arquivo .xml coas preguntas.
- Entra no Banco de Preguntas do teu curso Moodle e importa o arquivo xerado.
Enlaces: